Nós

Monforte de Lemos Craft Beer

Que podería acontecer un  27  de  xuño de 2015 no Paseo  do Malecón, nunha cea compartida por tres amigos da infancia, na terraza dun bar monfortino?

Pois que despois de dúas décadas elaborando cervexa, chegou o momento de converter a súa paixón en empresa. A experiencia, traballo  e ilusión deste grupo cristalizou en Chacueca. Un proxecto empresarial destes xoves monfortinos, comprometidos coa tradición e coa súa cidade natal, que decidiron innovar para cambiar o concepto de cervexa artesá, abrindo novas espectativas para este sector.

As cervexas desenroladas por Chacueca son de alta calidade, están elaboradas cos mellores ingredientes e co máximo nivel de exixencia técnica, dando  lugar a unha gran variedade de estilos e formatos, que intentan colmar as necesidades dun consumidor, cada vez, máis diverso e exixente.

monforte2

Eficiencia e creación

En Chacueca Implementamos os medios técnicos máis modernos ao servizo das cervexas artesás.

Produto

Chacueca emprega maltes e lúpulos de alta calidade seleccionados en orixe cos que se alcanzan sabores e aromas non obtidos até agora e que fan que as nosas cervexas sexan especiais.

Innovación

Reinventamos os conceptos e formatos de fabricación, produción abrindo o noso produto a espazos colaborativos con entidades alleas até o día de hoxe ao sector cervexeiro.

Chacueca

O total de clientes

1500

Coñeza o noso Equipo

“Ao escalar una gran montaña ninguén deixa a un compañeiro para alcanzar o cume só.”